A Federación Galega de Salvamento recoñece a traxectoria de catro deportistas do SAPO
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A cea anual da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) celebrou o pasado sábado a súa cea anual na Coruña, onde entregou os premios aos mellores deportistas da pasada tempada.
Entre os galardoados estaban catro deportivas do SAPO pontevedrés, que acudiron á cita.
Uxía Amoedo foi recoñecida como mellor deportista en idade alevín, Andrea Villaverde na infantil, Jorge Bautista foi o mellor en categoría xuvenil e Martín Tenorio na categoría absoluta.
As clasificacións da federación galega elabóranse sumando os puntos obtidos por cada deportista ao longo da tempada de inverno e de verán nas xornadas de liga e nos diferentes campionatos autonómicos.