Freada para o Portonovo cunha derrota ante o Arenteiro (0-1) que o afasta do liderado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segunda derrota consecutiva para un Portonovo que ve como se afasta o liderado da Rexional Preferente.
Un solitario gol de Yago aos 18 minutos de xogo decidiu o choque en Baltar ante o Arenteiro (0-1).
A partir dese momento os visitantes deron un paso atrás para defender a súa renda e os arlequinado lanzáronse a pola remontada.
Sen embargo o Portonovo non tivo o seu mellor día en ataque e non logrou concretar as súas ocasións certificando unha derrota que lle deixa a 5 puntos do Barco pero aínda segundo da táboa, en ascenso directo, con dous puntos de vantaxe sobre o Verín.
PORTONOVO SD (0): Daniel, Marcos (César, min.56), Iván Renda, Suso Bea, Agra (Pablo Blanco, min.75), Álex Cubas (Aarón, min.70), Nacho, Brian (Manu, min.56), Luis Alberto, Diego, Hugo Soto.
CD ARENTEIRO (1): José, Adrián, Cerdeira, Diego López, Carlos, Dafonte, Martín (Otero, min.76), Yago (Víctor, min.65), Pablo Novoa (Daniel, min.72), Quiroga (Marcos Sotelo, min.63), Alejandro.
Árbitro: Barros Vidal. Amoestou a Diego, Pablo Blanco e Iván Renda no Portonovo e a Quiroga, Marcos Sotelo, Diego López e o adestrador Miguel López no Arenteiro.
Gol: 0-1 Yago (min.18).
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.