José Ángel Oliveira, destituído como adestrador do Xuventú Sanxenxo
Por Diego Espiño
A directiva do Club Xuventú Sanxenxo decidiu destituír o seu adestrador, José Ángel Oliveira, en busca de "un cambio para ver se somos capaces de cortar esta sangría", recoñeceu PontevedraViva Manolo Veiga, presidente da entidade.
Esta decisión prodúcese tras encadear o equipo amarelo nove derrotas consecutivas que lle levaron dende a cuarta praza que ocupaba na xornada 18 á décimo quinta que ocupa agora, cun só punto sobre o descenso polos 15 que tiña a final de ano.
Manolo Veiga: "A culpa non é del, pero sempre pasa o mesmo"
Veiga asegurou que "a culpa non é del, pero sempre pasa o mesmo", para completar despois que "o traballo foi bo, o que cambiaron foron os resultados".
Pola súa banda Oliveira, tras coñecer a decisión, quixo agradecer o trato do club nestes oito meses e mostrouse convencido de "que el objetivo era y es posible. En 27 jornadas nunca hemos estado en situación de descenso", declarou a través da súa conta de Twitter.
Polo momento a xunta directiva non tomou unha decisión sobre o seu substituto nin sobre quen se fará cargo do equipo este martes cando se retomen os adestramentos.
Relacionadas:
-
A chegada de Calucho non cambia a dinámica do Xuventú Sanxenxo que cae (2-0) co Deportivo B
Por Redacción |
-
Calucho faise cargo do Sanxenxo ata final de tempada
Por Diego Espiño |
-
Segue en caída libre o Xuventú Sanxenxo que encaixa a súa novena derrota consecutiva (0-1) ante o Ribadeo
Por Redacción |