Empate entre Pontevedra Rugby Club e Mareantes nun apaixonante derbi (10-10)
Por Redacción
Igualdade máxima no derby lerezano entre Pontevedra Rugby Club e Mareantes disputado no campo de Monte Porreiro (10-10).
Os dous equipos buscaron un triunfo que lle permitise tomar aire na clasificación, pero non conseguiron desnivelar a balanza a pesar de contar con opcións, como un tiro a paus do PRC a falta de cinco minutos que se foi desviado.
A pesar de que o empate non soluciona os apuros de ambos os dous na Primeira División Galega, especialmente do Pontevedra Rugby, os puntos sumados permiten ao Mareantes consolidarse na cuarta praza, zona de play-off, con 16 puntos e catro de vantaxe sobre o PRC, quinto.
Sexto é o Muralla tamén con 12 puntos e en descenso, con 9, encóntrase o filial do Universidade de Vigo.