A Gimnástica busca o seu terceiro título consecutivo na Copa Galicia de Clubs en Pista Cuberta
Por Redacción
Despois de dúas tempadas consecutivas alzándose co título, o equipo masculino da Sociedad Gimnástica buscará o domingo impoñerse de novo na Copa Galicia de Atletismo en Pista Cuberta.
O Pazo de Deportes de Riazor, na Coruña, acollerá a competición o domingo a partir das 10:30 horas.
O conxunto pontevedrés deberá refacerse a tres baixas importantes con respecto á pasada tempada, como as de Víctor Riobó, que deixou as filas do club, Miguel Toubes e Iván Maceiras, dous ateltas que lograran a vitoria nas súas respectivas probas.
Pola súa banda o equipo feminino da Ximnástica, con cinco caras novas con respecto a 2014, aspiran a estar entre as tres mellores da competición, algo que non lograron nas últimas edicións.