Pontevedra inaugura este sábado o calendario galego cunha regata no río Lérez
Por Redacción
Dúas regatas amigables, unha en Cabanas (Ferrol) e outra en Pontevedra, inauguran esta fin de semana a tempada deportiva no piragüismo galego.
No referente á cita pontevedra, disputarase o sábado 17 de xaneiro co río Lérez como escenario a partir das 10:30 horas da mañá.
Nela participarán padexeiros de todas as categorías, principalmente dos equipos da provincia que pretenden comprobar o estado de forma dos seus deportistas.
Entre as dúas probas a Federación Galega de Piragüismo espera que se concentren máis de cincocentos piragüistas.