Fran Fandiño recibe a alta médica tras tres meses lesionado
Por Diego Espiño
Boas noticias para o Pontevedra e para Luisito. O técnico de Teo ve como por primeira vez dende a súa chegada se baleira a enfermaría, toda vez que Fran Fandiño recibiu este martes a alta médica.
Tres meses despois de caer lesionado ante o Silva o centrocampista está de novo a disposición do adestrador, que se o considera oportuno poderá contar con el este mesmo sábado ante o Bergantiños.
Fandiño empezouse a incorporar ao traballo de grupo co inicio do ano e nos últimos adestramentos xa actuaba ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.
Ademais Luisito contará con máis opcións na zona defensiva coa volta de Campillo tras a súa sanción e tras decidir o club que Bruno permaneza na disciplina granate ata final de tempada.
Malia estas altas e a incorporación en período de proba do centrocampista defensivo Marcelo Faría, o Pontevedra traballa na fichaxe dun lateral zurdo e un mediocentro organizador antes de que se peche oficialmente o mercado.
Relacionadas:
-
Bergantiños e As Eiroas, duros obstáculos para o Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
O portugués Marcelo Faría incorpórase ao Pontevedra en período de proba
Por Redacción |
-
Bruno volve ao Pontevedra como primeiro reforzo invernal
Por Redacción |
-
Fran Fandiño, o único granate que non descansa en Nadal
Por Diego Espiño |