Respiro para o Marcón tras impoñerse con contundencia ao Arenteiro (3-1)
Por Redacción
Balón de osíxeno para o Marcón Atlético tras gañar con claridade ao Arenteiro no Carrasco (3-1).
Os pontevedreses recuperaron a súa mellor imaxe nun choque que dominaron dende o minuto 22, no que Sapi fixo o primeiro tanto.
Os de Carlés, cómodos en defensa, esperaron a partir dese momento a súa oportunidade á contra. Así chegou o gol de Gelillo no 75 que parecía sentenciar.
Víctor puxo emoción ao recortar distancias para o Arenteiro no 81, pero Martín sentenciou no último minuto para deixar na casa tres importantes puntos, que permiten respirar ao Marcón.
O cadro do Carrasco é décimo sexto con tres puntos de vantaxe sobre o Pontellas e seis sobre os postos de descenso directo.
MARCÿN ATLÿTICO (3): Vladi, Marcos, Pablo, Sapi (Álvaro, min.59), Arturo, Iván (Valiñas, min.78), Iago (Gelillo, min.59), Manuel, Héctor, Martín, Baptiste (Adrián, min.87).
CD ARENTEIRO (1): Pachi, Adrián González, Cerdeira, Carlos, Daniel Álvarez (Diego López, min.76), Dafonte (Brais, min.76), Yago (Ocampo, min.76), Víctor, Martín Pérez, Alejandro González, Marcos Sotelo (Quiroga, min.46).
Árbitro: Fernández Lodeiro. Amoestou a Iván, Iago, Marcos, Sapi, Arturo e Martín no Marcón e a Dafonte, Adrián González, Sotelo, Quiroga e Daniel Álvarez no Arenteiro. Expulsou ao visitante Víctor por dobre cartón (min.89).
Goles: 1-0 Sapi (min.22); 2-0 Gelillo (min.75); 2-1 Víctor (min.81); 3-1 Martín (min.89).
Incidencias: Partido disputado no campo do Carrasco, Marcón.