Remontada insuficiente do BM Pontevedra que cede (26-27) ante a SAR
Por Redacción
Emoción ata o asubío final. O BM Pontevedra caeu ante a SAR nun partido no que os visitantes foron sempre por diante, aínda que con curtas vantaxes, o que fixo concibir esperanzas aos de Ramón Pazos de conseguir polo menos un dos puntos en disputa.
E oportunidade tiveron para iso na última xogada do partido. A Sar, que chegou a dispoñer dunha máxima renda de cinco goles, foi cedendo a devandita vantaxe ata que Álex Pombo conseguía empatar (26-26) a falta de pouco máis de tres minutos.
Antón Rey volvía poñer por diante os redondelanos, que sufrían a exclusión de Parcero, con 33 segundos por xogar. Ramón Pazos pide tempo morto para preparar a acción, pero os visitantes aguantan en inferioridade para levarse a vitoria.
BM PONTEVEDRA (26): Santi Picallo, Ángel Noya, David Lagoa; Ansias (1), Gonzalo García, Jaime Iglesias (1), Gonzalo Eloy, Álex Pombo (10), Fernando Rey (2), Iago Rodríguez (4), Alberto Santiago (3), Javier Suárez e Pablo Vázquez (5).
S.A.R. PLASTIC OMNIUM (27): Marcos Colinas; Couñago, Roberto Couso (4), Ramón Otero (5), David Parcero, André Pérez (2), Antón Rey (6), Carlos Rey (1), Manuel Rey (3), Damián Rodríguez, Ricardo Vázquez (6), Diego Domínguez, David Muiños e Iván Vázquez.
Árbitros: Alberto Ramos Mardones e María Ángeles Madrazo Viadero (Cantabria). Excluíron por dous minutos a Jaime Iglesias, Álex Pombo, Fernando Rey (2) e Javier Suárez, polos locais, e a David Parcero (2), Antón Rey e Carlos Rey (2), polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 1-3, 4-7, 8-9, 10-13, 13-16, 14-18 (descanso), 16-19, 18-20, 19-22, 22-24, 25-25 e 26-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 100 espectadores.