O Campionato Galego de Probas Combinadas, próximo reto para a Gimnástica
Por Redacción
A tempada oficial baixo teito iníciase este fin de semana para a Sociedad Gimnástica co Campionato Galego de Probas Combinadas.
O módulo cuberto do Estadio Gregorio Pérez Rivera acollerá a competición por segundo ano consecutivo.
Ata alí desprazaranse varios atletas da Gimnástica, como Santi Ferrer e Sandra Carballo, que buscarán revalidar o título logrado por ambos os dous hai un ano.
Darío Costas é favorito ao triunfo en categoría júnior, mentres Marco Martínez e María Jiménez loitarán polo podio na categoría cadete.
Pola súa banda en vetarnos Francisco Quintans intentará repetir o primeiro posto de que logrou en 2014.