A Escola de Marcha da Deputación pecha con boas sensacións a súa concentración de Nadal
Por Redacción
Un total de 27 atletas foron convocados á concentración de Nadal da Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra.
As xornadas, que se desenvolveron entre os días 2 e 5 de xaneiro nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, pecháronse con boas sensacións para adestradores e atletas.
Os deportistas acudiron á cita para preparar os próximos compromisos, como o Campionato Galego en Ruta que se disputará en Marín ou os campionatos de España en Jumilla e Rentería.
A concentración foi coordinada polos técnicos José Antonio Pardal e Carlos Montes e contou nunha das súas sesións co responsable nacional e olímpico Santi Pérez, que valorou a boa actitude de todos os participantes.