A Sociedad Gimnástica estará por cuarto ano consecutivo na Copa do Rei de atletismo
Por Redacción
San Sebastián reunirá o próximo 31 de xaneiro á elite nacional do atletismo para a disputa da Copa do Rei e da Copa da Raíña de pista cuberta, competición por clubs na que se xuntan os oito mellores equipos de España en cada unha das dúas categorías.
Por cuarto ano consecutivo, a Sociedad Gimnástica logrou clasificar o seu equipo masculino para esta primeira gran cita deportiva do ano.
Os catro primeiros clasificados da División de Honra 2014 obtiveron automaticamente a súa clasificación, mentres que os catro restantes tiveron que esperar o estadillo de marcas para dilucidar os que estaban na copa.
Os 11.864 puntos do equipo pontevedrés déronlle o pase a esta competición, xa que segundo certificou a Federación Española de Atletismo, a Gimnástica se situou no sétimo posto.
Dende o conxunto pontevedrés lamentan, non obstante, que o mesmo día se vaia celebrar o campionato galego absoluto de pista cuberta, o que obrigará os atletas da Gimnástica, entre os que se encontran Alfonso Pérez, Darío Costas, Santi Ferrer ou Víctor Gallego, a elixir en cal das dúas competicións prefiren estar.
Relacionadas:
-
Alberto Salcedo e Lysvanys Pérez, primeiros clasificados para o Nacional en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Posta a punto dos atletas da Gimnástica para os campionatos autonómicos en pista cuberta
Por Redacción |
-
Os atletas da Gimnástica apuran a súa posta a punto nas últimas competicións do ano
Por Redacción |