O Club Baloncesto Arxil despide o seu mellor ano
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil despide o ano do seu trinta aniversario cun gran sabor de boca, despois dos logros alcanzados durante 2014.
Á boa marcha do equipo sénior de Liga Feminina 2, que rozou a clasificación para o play-off de ascenso e empezou a tempada na zona de privilexio, únense os grandes resultados das categorías inferiores.
Así o Arxil de minibasket se converteu por primeira vez en campión da prestixioso torneo Jamboree celebrado en Santiago de Compostela, ademais de proclamarse campión galego da categoría.
Tamén dominou o autonómico o equipo infantil, que ademais protagonizou un digno papel na fase final do Campionato de España, organizada con éxito en Pontevedra.
Entre o resto de logros destaca ademais o ascenso do filial sénior á Primeira División Nacional, aínda que ao final a directiva decidiu renunciar á praza que lle correspondía.
A nivel organizativo o club verde, ademais do Nacional Infantil, involucrouse en torneos como o PonteOutono, a fase final da Copa Galicia Júnior ou o 3x3 na rúa, que congregaron un grande número de deportistas.