Volve saborear o triunfo o Marcón (1-0) malia xogar 40 minutos cun menos fronte ao Erizana
Por Redacción
Tres puntos e fronte a un rival directo. Despois dun empate e cinco derrotas (as últimas catro consecutivas) o Marcón toma un respiro e volve á senda do triunfo, aínda que para iso houbo de sufrir, como consecuencia de ter que xogar en inferioridade case toda a segunda parte, ao ser expulsado Aarón por dobre amoestación.
Precisamente Aarón sería o protagonista do partido, ao anotar o gol da vitoria no minuto 41, tras rematar de cabeza unha falta lanzada por Baptiste. Antes os locais realizara unha gran primeira parte, na que dispuxeron de ata catro claras ocasións de gol, que non lograron materializar.
A temperá expulsión, tras o regreso de vestiarios, condicionou o resto do partido. O Marcón optou por botarse atrás a defender a súa mínima renda, buscando a posibilidade de sorprender o seu rival á contra, mentres o Erizana se foi arriba sen éxito.
MARCÿN ATLÿTICO (1): Vladi, Marcos, Bolo, Álvaro (Gelillo, minuto 62), Racha, Arturo, Aarón, Iván (Rodri, minuto 82), Martín (Sapi, minuto 71), Héctor e Baptiste (Zalo, minuto 85).
ERIZANA CF (0): Comesaña, Facundo (Ricardo, minuto 72), Álex Pérez, Núñez, Pablo, Daniel, Cabral, Entenza (Iván, minuto 58), Rubén (Marcos, minuto 38), Zamorano e Miguel (Bastero, minuto 46).
Árbitro: Hernández Giadans, auxiliado nas bandas por Gil Caldelas e Maldonado González. Amonestou aos locais Iván, Racha, Arturo, Marcos e o adestrador Carlés e a Daniel, Pablo, Álex Pérez e Ricardo nos visitantes. Ademais, expulsou a Aarón no Marcón por dobre cartón amarelo no minuto 49.
Goles: (1-0) Aarón, minuto 41.
Incidencias: Partido disputado no campo do Carrasco (Marcón). Uns 200 espectadores.