O Villalonga remonta un 0-2 en contra e salva un punto no desconto (2-2) fronte o Mondariz
Por Redacción
Un gol de Alberto Villar no desconto permitiu ao Villalonga salvar un punto en San Pedro. De novo, o equipo de ÿscar García non soubo dobregar un equipo que, ao igual que a semana pasada contra o Portonovo, desaproveitou a súa vantaxe e deixouse empatar nos minutos finais. Un 2-2 no marcador que non serve de moito nas aspiracións dun equipo local que suma xa catro xornadas sen gañar.
E iso que o Villalonga o tivo todo de cara para ter un partido cómodo. Ao pouco de comezar o partido, Cerqueiras era derrubado na área do Mondariz e o árbitro sinalou o penalti. Pero Antonio fallou e o balón foi fóra. Unha oportunidade que non desaproveitaron os visitantes no seu primeiro tiro a porta. Marcou Hugo Tei no minuto 44.
Tras o descanso, ÿscar García introduciu cambios quitando un defensa para dar máis profundidade ao xogo local. Pero o Mondariz, no minuto 54, facía o 0-2 grazas a José e todo se complicou demasiado.
Aínda así, o Villalonga tirou de oficio e logrou reter polo menos un punto. No minuto 71, Machu marcaba o primeiro gol local e facía soñar aos locais. Pero tras varios intentos, o empate non chegaba e os nervios comezaban a apoderarse do equipo. Foi ata que Alberto Villar, no minuto 93, lograba o segundo gol. Non houbo tempo para moito máis, aínda que os de ÿscar García o seguiron intentando ata o asubío final.
Tras este empate, o Villalonga é décimo con 21 puntos. Está a nove dos postos de ascenso directo a Terceira División.
VILLALONGA FC (2): Moncho, Paco, Darío (Héctor, minuto 46), Manu Santos (Manu Nieto, minuto 60), Antonio, Saúl, Alberto Villar, Machu, Adrián Santos, Cerqueiras e Arias.
MONDARIZ CF (2): Javier, Anxo, José Antonio (Jesús, minuto 81), Iván (José Luis, minuto 30), Paramos, Hugo Tei, Juan (Víctor, minuto 75), Pereira, Enrique (Noel, minuto 60), Samuel e ÿscar Bargiela.
Árbitro: Soto Pérez, auxiliado nas bandas por Otero Varela e Piñeiro Lugo. Amoestou a Darío e Arias no Villalonga e a Pereira e Víctor no Mondariz.
Goles: (0-1) Hugo Tei, minuto 44. (0-2) José Antonio, minuto 54. (1-2) Machu, minuto 71. (2-2) Alberto Villar, minuto 89.
Incidencias: Partido disputado no estadio de San Pedro, Vilalonga.