Diarrá, incluída no cinco ideal da Liga Feminina 2 por terceira vez en catro xornadas
Por Redacción
O bo momento do Arxil séguese traducindo cada xornada nas estatísticas xerais da Liga Feminina 2.
Por terceira vez en catro xornadas o pivote arxilista Maimouna Diarrá foi incluído no quinteto ideal grazas aos 22 puntos, 13 rebotes e 31 de valoración que logrou no triunfo das pontevedresas ante o Aros León.
Ademais María Lago situouse como quinta xogadora máis valorada, con 19, grazas aos seus 19 puntos e 4 rebotes cun 79% de acerto en tiros de dous.
Xunto a Diarrá, o cinco ideal da xornada complétano Regina Gómez (Badajoz), Clara Ché (Segle XXI), Cecilia Liñeira (Bizkaia) e Elena Díaz (Plenilunio).
Estas estadísticas reforzan a moral dun Arxil que defenderá o próximo sábado (19:30 horas) no CGTD a súa terceira praza na visita do Universidad de Valladolid, unha cita que se perderá Fany López.