O Cisne perde a súa condición de invicto nun emocionante partido en Chapela (31-30)
Por Redacción
Á novena chegou a primeira derrota do Club Cisne Balonmano en liga, que perdeu a súa condición de invicto en casa dun equipo chamado a pelexar polo ascenso, o Balonmán Chapela (31-30).
Os pontevedreses caeron nun apertado e emocionante encontro que se decidiu nos minutos finais logo de constantes alternativas no marcador.
Así se desenvolveu a primeira parte, aínda que o Cisne mostrábase máis preciso e levaba durante máis tempo a iniciativa.
Os de Edín Covelo lograrían unha renda de tres goles ao seu favor ao comezo do segundo tempo (14-17), pero un gran parcial dos locais enseguida volteó o marcador (19-18).
Pese ás alternativas constantes o Cisne tiña o triunfo na súa man a falta de dez minutos (23-25), pero o Chapela non se rendeu e acabou por impoñerse nun apertado final non exento de polémica.
BM CHAPELA (31): Suso Soliño, Fabián (4), Chema (4), Dani, Pablo López (3), Ángel Martínez, Rubén Gómez (4), Cuadrado (3), Adrián, Carrera (4), Coque Fontenla (6), Escudero (1), Sío, Pablo Casal (2).
CISNE BM (30): Toño Lafuente, Álex Chan (4), Edu Covelo (2), Andrés Sánchez (7), Pablo Galán, Iván Abilleira (1), Rafa Dasilva (9), Carlos Rodríguez, Javier Vázquez (5), Cuenca, Camiña, Pablo Vidal (1), Simón, Hermida, Pablo Rey (1).
Árbitros: García Vico e Sanmartín Almazán (Andalucía). Excluíron a Coque Fontenla, Cuadrado, Escudero (3) e Fabián no Chapela e a Simón (2), Pablo Vidal (3) e Carlos Rodríguez no Cisne.
Marcador cada cinco minutos: 1-2, 4-4, 7-5, 8-9, 10-12, 13-15, descanso, 14-17, 19-18, 21-22, 23-25, 26-26, 31-30.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal de Chapela.