Atapuerca abre a tempada de campo a través para a Gimnástica
Por Redacción
A localidade burgalesa de Atapuerca inaugura a tempada de campo a través para os atletas da Sociedad Gimnástica.
Esta prestixiosa carreira contará cun gran nivel de participación, como demostra o feito de que na categoría masculina cinco dos dez primeiros clasificados no pasado europeo estarán na liña de saída.
En xogo, ademais do triunfo parcial, estará tamén a composición do equipo nacional para o Campionato de Europa de Samokov (Bulgaria) o 14 de decembro.
En Atapuerca competirán Iván Docampo e Barca Toba en representación do club pontevedrés.