Terremoto no Leis: o seu presidente cesa de vez a catro directivos
Por Redacción
O presidente do Leis Pontevedra Fútbol Sala, José Antonio Nieto, tomou este mércores unha sorprendente decisión, cesar de vez a catro directivos .
Tres deles son fundadores da entidade e levan colaborando co club 34 anos. Son Manolo Piñón, José Guimeráns e Ramón López, mentres o cuarto directivo é Juan Pedro Sanz, que ocupou un posto relevante na xunta na etapa de José Esperón na presidencia co Leis na máxima categoría.
Segundo informa Juan Martínez en Faro de Vigo, os tres primeiros solicitaran recientemente a dimisión de Nieto ao entender que danaba a imaxe da entidade.
O dirixente do club pontevedrés, que chegou ao cargo hai pouco máis dun ano, explicará esta decisión nunha asemblea de socios extraordinaria o próximo 20 de novembro.