Alberto Silla, convocado pola Selección Española de rugby sub-19 para disputar o Campionato de Europa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O pontevedrés Alberto Silla participará no Campionato de Europa FIRA-AER Sub19 de rugby que se disputará en Lisboa entre os días 26 de outubro e o 2 de novembro.
Os responsables técnicos da Selección Española, Juan Carlos Pérez e Mar Álvarez, incluíron na lista ao agora xogador do CRAT Univeridade da Coruña de División de Honra B, onde a pesar da súa xuventude é un dos capitáns do equipo.
ÿ a segunda tempada de Silla no club coruñés, tras a súa saída do Pontevedra Rugby Club, equipo no que se formou.
Previamente ao campionato o medio-apertura acudirá a unha concentración da Selección Española en Cáceres, do 20 ao 25 de outubro.