Arranca a fase final do III Torneo Internacional ITF de tenis no Mercantil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois de dúas xornadas de partidos correspondentes á fase previa, este martes arranca a fase final do III Torneo Internacional ITF de tenis nas instalacións do Casino Mercantil, en Mourente.
Coa chuvia como protagonista no inicio de semana a competición non se para, aínda que moitos dos partidos tiveron que ser trasladados dende as pistas exteriores.
Deste modo o cadro masculino recolocouse no pavillón, mentres as rapazas cambian a pista rápida pola terra batida usando as instalacións coas que conta o Mercantil.
No relativo á previa destaca a clasificación da española Marta García ou do subcampión de España cadete Lucas Franco.
O torneo disputarase ata o domingo, cando están previstas as finais individuais.