Partido serio do Cisne que suma a súa cuarta vitoria consecutiva (31-25) a custa da SAR
Por Redacción
Tivo que traballar a fondo o Cisne para anotarse a súa cuarta vitoria consecutiva e con ela a súa posición de líder. A SAR de Redondela levou a iniciativa, aínda que sempre con vantaxes mínimas, ata mediado o primeiro período. A partir de aí os de Edín Covelo impuxéronse, rompendo o partido ao seu favor antes do descanso cun parcial de 5-0 que lles permitiu tomar unha renda de seis goles (15-9), reducida polos visitantes para deixar relativamente aberto o choque.
Pero os pontevedreses non estaban polo labor de permitir sorpresas e foron pouco a pouco ampliando distancia no segundo tempo, ata levarse os puntos con relativa comodidade, nun partido serio e efectivo.
BM CISNE (31): Toño Lafuente, Pablo Galán, Santiago Cuenca; Iván Abilleira, Edu Covelo (1), Álex Chan (3), Pablo Picallo (2), Andrés Sánchez (4), Rafa Dasilva (3), Miguel Simón (3), Javi Vázquez (1), Carlos Rodríguez (1), Pablo Vidal (8), Pablo Rey (5), José Javier Hermida e Pepe Camiña.
S.A.R. PLASTIC OMNIUM (25): Dani Cadilla, Marcos Colinas; Damián Rodríguez, Agustín Lago (4), Roberto Couso (2), Ramón Otero (6), Carlos Rey, Antón Rey (4), Iván Vázquez (1), Ricardo Vázquez (4), Manuel Rey (3), Diego Domínguez, David Muiños, Manuel Ferreira, David Parcero e David López (1).
Árbitros: Juan José Bajo Morales e Alberto Jesús Benegas García (Extremadura). Excluíron por dous minutos a Iván Abelleira, Álex Chan, Edu Covelo (2), Pablo Rey (2), Andrés Sánchez e Pablo Vidal, polo Cisne, e a Agustín Lago (2) e Antón Rey, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 4-5, 7-7, 10-9, 14-9, 15-12 (descanso), 17-14, 20-16, 23-17, 26-20, 29-22 e 31-25 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). 120 espectadores.