Bryce Bevin, seleccionador español de rugby, visita Pontevedra para examinar ao combinado galego sub-18
Por Redacción
O seleccionador español de rugby XV, Bryce Bevin, vistitará o campo de Monteporreiro este martes da man do Pontevedra Rugby Club con dous obxectivos, coñecer o estado actual deste deporte en Galicia e presenciar un adestramento do combinado galego sub-18.
Brevin aproveitará a viaxe para coñecer o Estadio de San Lazaro, en Santiago de Compostela, onde o próximo 16 de marzo disputarase un partido entre España e Portugal correspondente á Copa de Europa e que servirá para celebrar o 30 aniversario da Federación Galega.
Nove dos trinta xogadores que participarán na xornada de preparación pertencen á disciplina do Pontevedra Rugby Club: Ernesto Lumbreras, Alberto Silla, Nicolas e Antón Díaz, Manuel Galvez, Javier Arca, Miguel Sanchez, Iago Tudela e Sergio Calvo.