Sanxenxo, desenlace do Trofeo Presidente da Xunta de Vela
Por Redacción
Tras a disputa da Regata S.A.R. Infanta Elena na Coruña e o Trofeo Príncipe de Asturias en Baiona el Real Club Náutico de Sanxenxo acollerá esta fin de semana a última proba do Trofeo Presidente da Xunta de Vela.
Cunha clasificación do Circuíto Galego de Alto Nivel moi apertada nas diferentes categorías, a cita de Sanxenxo decidirá aos vencederos do botafumeiro de prata nas divisións ORC 0-1 e ORC 2-3.
A regata El Corte Inglés Máster arrancará ás 16:00 horas do venres 12 coas frotas de ORC 1, ORC 2 e ORC 3, unhas categorías que afrontarán seis probas nun campo de regatas situado fronte á praia da Lanzada.
Pola súa banda as frotas de J80, ORC Especial e Clásicos entrarán en escena o sábado cunha competición que se desenvolverá fronte á praia de Silgar.