Ao Poio FS escápalle o partido fronte ao Ourense (2-3) en apenas dous minutos
Por Redacción
Primeiro partido oficial da tempada. O Poio FS recibía a un complicado Ourense, que esta tempada aspira a todo na liga da máxima categoría. As rapazas de Morenín conseguiran o máis difícil, poñéndose cun 2-0 favorable, pero cando todo parecía controlado e a vitoria local encarrilada, en apenas dous minutos de despiste local e con certa dose de fortuna, as ourensanas deron a volta ao marcador e leváronse a vitoria.
A brasileira Raquel Souza adiantaba ao Poio e Jenny facía o segundo tanto local, antes do descanso. Logo, mediado o segundo período, Anita empataba o partido en escasos segundos, o que afectou notablemente ao xogo do Poio FS, que encaixou un novo tanto dous minutos máis tarde, nunha xogada desgraciada na que Yoly marcou en propia porta.
A partir de aí as visitantes souberon administrar a súa vantaxe logrando unha vitoria que deixa ao Poio a mercé dunha complicada carambola para pasar á seguinte fase da Copa Xunta, para o cal deben gañar ao Leis Pontevedra e que estas o fagan ante o Ourense.
POIO FS (2): Silvia; Charo, Nerea Moldes, Jenny, Raquel Souza -cinco inicial-, Elena, Yoly, Claudia e Paloma.
OURENSE (3): Vanessa; Sara Moreno, Marta, María Romero, Anita -cinco inicial-, Bea, Peke e Rosangela.
Goles: (1-0) Minuto 11: Raquel Souza. (2-0) Minuto 18: Jenny. (2-1) Minuto 29: Anita. (2-2) Minuto 29: Anita. (3-2) Minuto 31: Yoly, en propia porta.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Partido da Copa Xunta. Uns 200 espectadores.