O Ciudad de Pontevedra crea unha escola de fútbol base para nenos entre 5 e 13 anos
Por Redacción
A pasada tempada o reto foi a creación dun equipo feminino, e agora o Ciudad de Pontevedra Club de Fútbol decidiu dar un paso máis poñendo os seus miras na base.
A entidade lerezana traballa xa en poñer en marcha a partir do mes de outubro unha escola de fútbol dirixida a nenos entre 5 e 13 anos con dúas modalidades: iniciación e tecnificación.
A iniciación impartirase os luns e mércores de 16:00 a 17:30 horas no campo da Xunqueira II co obxectivo de inculcar aos pequenos as súas primeiras nocións de táctica, coordinación ou psicomotricidade, ademais de realizar xogos e diferentes actividades.
Por outra parte o apartado de tecnificación contará con dous grupos, luns e mércores no mesmo horario, de 16:00 a 17:30 horas, dirixido a futbolistas que xa militan noutros clubs e queiran "reforzar as súas habilidades", sinala o club nun comunicado.
A modalidade de iniciación terá un custo de 15 euros ao mes, mentres que a tecnificación custará 12 euros ao mes.
Os interesados en formar parte da escola do Ciudad de Pontevedra poden solicitar información a través do coreo electrónico ciudaddepontevedra@hotmail.com nos teléfonos 660159781 e 669932706.