Amenabar Zarautz, primeiro escollo para o Teucro na Copa do Rei de balonmán
Por Redacción
O Teucro xa coñece o que será o seu rival na primeira rolda da Copa do Rei de balonmán, o Amenabar Zarautz.
Os vascos visitarán o Pavillón Municipal dos Deportes nunha eliminatoria que se xogará a partido único o día 4 ou 5 de outubro.
En caso de clasificarse os azuis cruzaranse co Ángel Ximenéz de Puente Genil.
O sorteo realizouse coincidindo coa celebración da Supercopa Asobal entre Barcelona e Granollers.