Marc Tur (Sociedad Gimnástica) logra para España unha medalla de prata no Campionato Iberoamericano
Por Redacción
Magnífico resultado o conseguido polo atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Marc Tur cunha medalla de prata na proba de 20 quilómetros marcha do Campionato Iberoamericano, que se está a celebrar na cidade brasileira de Sao Paolo.
Con 1 hora 23 minutos e 22 segundos, o atleta pontevedrés soubo aguantar o ritmo dos seus rivais, manténdose no grupo de cabeza os 15 primeiros quilómetros. A partir de aí o colombiano Iván Garrido impuxo unha frecuencia de catro minutos o quilómetro que ninguén foi capaz de seguir.
Aínda que xa tiña fóra do seu alcance o ouro, o atleta balear continuou pola pelexa polo podio conseguindo entrar en meta nesa estupenda segunda posición.
Marc Tur consegue con este resultado pechar unha tempada magnífica ao sumar a súa primeira medalla internacional nun campionato absoluto.