Empate entre Pontevedra B e Valladares nun partido intenso e emocionante
Por Redacción
Dúas xogadas a balón parado, ao rematar saques de esquina permitiron ao Pontevedra B poñerse en vantaxe fronte a un Valladares que chegaba coa vitola de invicto nos seus desprazamentos e coa fortaleza defensiva como bandeira. Non obstante o filial granate aproveitou ben as súas oportunidades para poñerse cun sorprendente 2-0 por diante, aínda que logo non soubo conservar esa renda e mesmo sufriu nos instantes finais para evitar a derrota.
O equipo vigués, sen dúbida ningunha unha das grandes sorpresas da tempada comenzou mandando e xerando ocasións de perigo, como unha de Dani, que obrigou a Edu Sousa a intervir con acerto. O porteiro granate volvería aparecer pouco despois para entre el e o poste evitar que o Valladares se puxese por diante nunha falta directa lanzada por ÿscar.
Javi Pazos conseguía o primeiro gol ao rematar de cabeza un córner no primeiro pau e pouco despois Yago Vázquez había o segundo nunha acción similar. O Valladares metíase de novo no partido antes do descanso e tamén a balón parado nunha falta lanzada por Cacho que se coou pola escuadra.
Tras o descanso o Valladares fíxose dono do partido, e aínda que desperdiciou un penalti, conseguiu empatar o partido nun remate de cabeza de Miguel.
PONTEVEDRA B (2): Edu Sousa, Pacheco (Alves, min. 72), Uru, Yago, Dani Adán, Collazo, Víctor, Paco (Portu, min. 80), Javi Pazos, Pingüi (Diego, min. 82) e David Eirín (Otero, min. 45).
VALLADARES (2): Adrián, Cristian, Suso, Gonzalo, Víctor (Isma, min. 85), Dani Magdalena (David, min.92), ÿscar Pérez, Miguel, Luis, Dani Ramilo e Cacho (Tomás, min. 69).
Árbitro: Rodríguez Pérez. Amoestou Yago, Dani Adán, Collazo, Javi Pazos, Gonzalo e Dani Ramilo.
Goles: (1-0) Minuto 21: Javi Pazos. (2-0) Minuto 31: Yago. (2-1) Minuto 44: Cacho. (2-2) Minuto 53: Miguel.
Incidencias: Sintético de A Xunqueira. Pouco máis de cen espectadores.
OS XUVENÍS ROZAN A SORPRESA EN ABEGONDO
Fronte a un dos favoritos da División de Honra, o Deportivo, os xuvenís granates rozaron a sorpresa no campo da Cidade do fútbol, en Abegondo. Un gol en claro fóra de xogo dos herculinos rematou coa resistencia pontevedresa na recta final do partido, nunha decisión arbitral moi protestada polos visitantes.
O Deportivo adiantouse no marcador por medio de Dani, no minuto 30, pero o Pontevedra non se engurrou e a falta de 15 minutos para o final, Bruno, de penalti, lograba a igualada á par que o equipo local quedaba cun menos por expulsión de Cayón.
Os granates dispuxeron de ocasións para levarse o partido, non obstante sería o Deportivo quen o lograra a falta de cinco minutos, nunha acción de claro fóra de xogo do seu autor, Isma.