A Gimnástica non logra remontar e debera loitar por non descender na xornada final
Por Redacción
A tarefa era moi complicada, remontar a desvantaxe despois dunha primeira xornada con moito problemas e intentar eludir o encontro final por evitar o descenso.
Intentouno a Sociedad Gimnástica en Valencia nunha xornada que contaba cun difícil emparellamento, pero non conseguiu o seu obxectivo e vese abocado a loitar pola permanencia na máxima competición de clubs a nivel nacional.
En Valencia impúxose o poderoso Playas de Castellón (227 puntos), seguido do equipo anfitrión, o Fent Camí (188), Gimnástica (157) e Monzón de Huesca (106 puntos).
Os atletas do club lerezano lograron dúas vitorias parciais, de Alberto Salcedo nos 200 metros e de Emilio Martín nos 3.000 metros.
Pola súa banda Víctor Gallego foi segundo en disco e terceiro en peso, Julián Ortiz segundo en 110 valas, ao igual que Ignacio Sarmiento en 400 valas, Eduardo Suárez nos 800 metros e o relevo de 4x400.
Tamén firmou un podio Víctor Riobó nos 1.500 metros cunha terceira praza, pero os últimos postos no triplo salto e os 3.000 obtáculos e unha descualificación na proba de marcha impediron á Gimnástica loitar polo segundo lugar do seu grupo.
O encontro pola permanencia celebrarase o próximo o 28 de xuño cunha variación no sistema de competición, xa que acudirá só un atleta por proba nunha xornada que reunirá oito equipos.