Milo Abelleira: "Vivín un ascenso como xogador que foi imborrable e espero conseguilo tamén como adestrador"
Por Ramiro Espiño
Adestrador, director técnico, responsable da base do Pontevedra C.F., todo nunha sóa persoa. Milo Abelleira conseguiu como xogador un ascenso fai case trinta anos e agora, na súa segunda tempada desta etapa no banquiño granate, aspira a vivir a mesma experiencia de sacar ao equipo do pozo da terceira división, conseguirao?
Comezo ligueiro con 3 partidos gañados, dous perdidos e por fin vitoria folgada.
Cando saíu o calendario sabiamos que había que empezar forte polos rivais que nos tocaron. Esa tensión fíxonos competitivos, pero logo recibimos dous bofetadas inesperadas, especialmente en Negreira. Faltounos quizais algo de intensidade e concentración, pero poida que iso nos fixera dar conta que non podemos baixar o nivel de esforzo. Fixémolo fronte ao Céltiga e creo que esa é a liña.
"En Negreira unha persoa insultoume gravamente"
Falando de Negreira, alí tiveches problemas coa afección, de feito viráchesche desde o banquiño para dirixirche a alguén. Que pasou?
Coa afección, non, soamente cunha persoa que estaba detrás do banquiño e insultoume gravemente "acordándose da miña familia". Fíxoo dúas veces. Vireime e advertinlle que a min me chamase o que lle dese a gana, menos iso. Acepto e admito a crítica, pero os insultos á familia nin un.
Moléstanche os berros que ás veces se escoitan dende a grada de Milo vaiche xa.
Este ano eu non os escoitei, pero si, hóuboos. Os respecto porque penso que a afección, sen insultar, é soberana para dicir o que crea conveniente. Iso si, creo que non son bos, pero non para min, se non para o equipo, non son bos os berros nin cara a min, nin cara aos xogadores ou o Presidente.
Obxectivo: ascenso. ÿ factible ou ata realista pensar niso coa redución de orzamento que houbo?
Si, claro que é posible. ÿ certo que temos rivais fortes e entendo as présas da afección, que quere recuperar a categoría, como queremos nós. Eu pídolles únicamente un pouquiño de paciencia con este equipo, que vai ir a máis e dará moitas tardes como as deste domingo.
O Rácing de Ferrol arrincou irresistible. Ten dono xa o primeiro posto?
ÿ verdade que o Ferrol empezou lanzado. duplicaron o seu orzamento con respecto á tempada pasada, mentres que nós reducímolo á metade, pero o orzamento non o é todo e a liga é moi longa. Non imos tirar a toalla, dende logo, pero primeiro miraremos cara á clasificación e logo si se podese ao liderato.
A pasada tempada Pasarón foi un grave hándicap nos resultados do equipo, xa que apenas se conseguiu a vitoria na metade dos partidos xogados como locais. Podemos falar de medo escénico propio?
Esperemos que non. Temos que facernos fortes no noso campo, coa calor da nosa afección. Certo que ata o domingo fixémolo mellor fóra, pero é unha situación que estou convencido imos a revertir. Xa quixesen os demais equipos ter detrás o respaldo dunha afección como a nosa. Esa ten que ser nosa mellor arma e que sexan os demais os que veñan non con medo, pero si moitísimo respecto ao noso campo.
Tes o equipo que quixeses ter?
Encántame estar adestrando con eles, teñen ganas de mellorar cada día. ÿ un vestuario san, unido, implicado. ÿ o mellor equipo que podiamos ter e con el imos a por todo. Estou convencido de que podemos logralo.
Malia iso e das limitacións presupuestarias, segues sondando o mercado para reforzar algunha posición?
Estivemos a piques de traer a un moi bo xogador como Jorge Rodríguez, pero escapóusenos por moi pouco. Quizais nos viría ben alguén das súas características, que aportase polivalencia, experiencia, oficio, en definitiva e nesa liña estamos traballando, pero é difícil atopar algo que mellore ou complemente o que hai e máis cos recursos dos que dispoñemos.
"Adestrar polas mañás e os sábados, ao longo dunha liga supón 10 puntos máis"
Pode afectar ao rendemento o cambiar o método de traballo?, adestrar só polas tardes, non poder facelo os sábados
Adestrar polas mañás e os sábados, ao longo dunha liga supón 10 puntos máis na clasificación. Iso é un feito demostrable, pero non imos convertelo en desculpa. Iso si, é evidente que, como en calquera profesión, canto máis tempo dediques ao traballo, mellor.
Dóeste máis das críticas da afección ou dos "paus nas rodas" do famoso "entorno"?
As críticas da afección doen, claro, porque a todos gustaríanos que se fosen contentos de cada partido, sería sinónimo de que as cousas van ben. O chamado "entorno" non me preocupa salvo cando van encherlle a cabeza de paxaros a algúns mozos novos facéndolles crer que xa son uns fenómenos e logo non pasan de rexional.
Algunha vez dende que adestras ao Pontevedra formulácheste: "se o sei non veño"?
Non, para nada. Sabía a onde viña e a esixencia deste club, pero tamén que si conseguimos o obxectivo do ascenso, a ilusión e alegría da cidade meréceno todo. Eu nacín neste equipo e nesta cidade. O meu agarimo por este club está fóra de dúbida. Vivín un ascenso como xogador que foi imborrable e espero conseguilo tamén como adestrador.
A un tal Tomás, como o tratas, é complicada a relación pai-fillo-adestrador?
Trátoo con dureza, non como fillo, se non como adestrador. Si algunha vez fun inxusto con alguén quizais o foi con el. Ten grandes calidades, pero debe ser máis constante. Como adestrador esquézome que son o seu pai e para min é un máis.