A III Ruta BTTinto de Ribadumia supera xa os 1.600 inscritos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A terceira edición da Ruta BTTinto de Ribadumia, que se celebrará o próximo 8 de xuño, vai camiño de bater todos os records de participación.
A pouco máis dunha semana para a cita, que coincide coa Festa do Viño Tinto de Barrantes, son xa máis de 1.600 os afeccionados á bicicleta todo terreo os que confirmaron a súa presenza.
A inscrición, que é gratuíta a través da páxina web www.cdmxesteiras.com, seguirá aberta ata o día 4 de xuño, data na que se espera superar a barreira dos 2.000 ciclistas.
Todos eles afrontarán dende as 9:30 horas, na Praza do Concello, unha ruta non competitiva de dificultade media-alta con dúas opcións, de 46 e 33 quilómetros de lonxitude respectivamente.
Nesta ocasión tamén se poderá completar a Ruta BTTinto gozando dunha ruta de sendeirismo ou realizando un dúatlon de montaña.