Joventut de Badalona, principal rival do Peixe Galego no Campionato de España Júnior
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5356617d44e15-sorteo2.jpg)
© Federación Galega de Baloncesto
Co obxectivo de superar os oitavos de final da pasada edición, o equipo júnior do Peixe Galego afrontará entre os días 4 e 10 de maio o Campionato de España de Clubs, no que será anfitrión por segundo ano consecutivo.
Este martes, no Instituto Illa de Tambo, desenvolveuse o sorteo dos grupos da competición, que estará composta por 32 equipos divididos en 8 grupos.
O Peixe Galego quedou encadrado no Grupo B xunto a un dos favoritos, o Joventut de Badalona, e os campións de Baleares e Cantabria, aínda por decidir.
O resto de grupos quedou definido do seguinte xeito: FC Barcelona, Basket Academy, CB Melilla e 1º Aragón no Grupo A; Estudiantes de Lugo, 1º Euskadi, 1º Navarra e 2º Castela-León no Grupo C; Cajasol, 1º Murcia, 1º Ceuta e 1º Castela A Mancha no Grupo D; Manresa, Basquet Coruña, Torrelodones e 2º Murcia no E; Real Madrid, EBG Málaga, 1º Valencia e 1º Castela-León no Grupo F; Unicaja, 1º Rioja, 2º Valencia e 2º País Vasco no G; e por último no Grupo H estarán Estudiantes, BA Black, 1ª Asturias e 1º Extremadura.
Os dous primeiros de cada grupo clasificaranse para as eliminatorias, que arrancarán nos oitavos de final.
Os partidos contarán con tres sedes: o Pavillón da Raña (sede principal) e os pavillóns do Centro Galego de Tecnificación Deportiva e a Cidade Infantil de Príncipe Felipe en Pontevedra.