Ribadumia abre a inscrición para a III Ruta BTTinto pensando en superar os 2.000 participantes
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
ÿ só a terceira edición, pero a Ruta BTTinto, que organiza o Concello de Ribadumia para o día 8 de xuño coincidindo coa Festa do Viño Tinto de Barrantes, converteuse nunha das citas con máis afluencia de Galicia.
O Concello, que conta coa colaboración os clubs CC Armenteira e Punto, CDM Xesteiras e a tenda Salnés Bici, abriu oficialmente a inscrición da presente edición, na que se espera superar a cifra de 2.000 participantes.
Os asistentes gozarán dunha cita deportiva non competitiva que se poderá realizar este ano en tres modalidades: Ruta BTT, de sendeirismo ou combinada (dúatlon de montaña), con bicicleta e carreira a pé.
En canto ao percorrido en bicicleta habilitarase unha ruta de 46 quilómetros que ofrecerá alternativas para reducila a 33 evitando as zonas máis complicadas.
O sendeirismo pola súa banda contará con 20 quilómetros polos camiños de Barrantes seguindo a senda do río ata chegar ao mosteiro da Armenteira, mentres a proba combinada transcorrerá pola ruta curta en bicicleta utilizando para o tramo a pé a zona de sendeirismo habilitada.
A inscrición para todas estas modalidades será de balde, podendo realizarse a través da páxina web www.cdmxesteiras.com.
Entre os servizos previstos a organización habilitará un aparcadoiro privado e vixiado para os participantes, duchas e lavado de bicicletas, ademais de zonas de avituallamento durante a proba.