Xisela Aranda, do Squash Pontevedra, revalida o seu título de Campioa de España
Por Redacción
O Squash Pontevedra xa conta no seu palmarés cun título no campionato de España absoluto, despois do logrado pola súa xogadora Xisela Aranda no torneo celebrado a pasada fin de semana en Santiago de Compostela.
Alí a xogadora viguesa, recentemente fichada polo club lerezano, fixo valer os prognósticos e o ránking que a situaba como principal favorita para revalidar o título nacional que xa estaba no seu poder.
Xisela avanzou con suficiencia nas primeiras roldas ata chegar á semifinal, onde se cruzou coa xogadora local Sara Esperón, á que derrotou en catro magas (8-11, 11-3, 11-5, 11-2).
Este resultado foi similar ao da gran final, na que tivo que remontar ante a murciana Cristina Gómez (8-11, 11-2, 11-8,11-2).
En categoría masculina o vencedor foi o compostelán Borja Golán, actual número 5 do ránking mundial.