Un nefasto último cuarto ante Azpeitia impide o Xuven despedirse do Pombal con vitoria (60-73)
Por Redacción
Cando marcas tan só seis puntos no último cuarto é moi difícil poder gañar un partido. E iso é precisamente o que lle pasou ao Xuven no seu último encontro da tempada no Pombal. Querían os cambadeses despedirse da súa afección cunha vitoria que lle permitise seguir soñando co playoff de ascenso, pero finalmente non puido ser. O Azpeitia foi superior e levouse o triunfo por un claro 60-73.
Dende o primeiro momento, o equipo vasco deixou claro que viñera a Cambados a pola vitoria, un triunfo que lle permitise seguir con opcións de disputar a fase de ascenso. En poucos minutos se situaron 4-12 no marcador. Taylor facía espertar ao seu equipo dende 6,75, e o Xuven lograba pechar o cuarto en 16-17. Pero nin o oficio de Alberto Rodríguez impediu que a diferenza ao descanso fose de sete puntos a favor do Azpeitia, 31-38.
Tras a reanudación, o Xuven volveu xogar a un gran nivel e grazas á insistencia de Merino os galegos deixaron o partido tremendamente aberto a falta dun cuarto cun 54-55. Pero a falta de nove minutos, co empate a 56 no marcador, os homes de Yago Casal desconectaron do partido. Un parcial de 0-14 para os vascos liquidou un partido no que pesaron tamén as 18 perdas de balón do equipo local.
Con este resultado, o Xuven practicamente di adeus ao playoff. Só unha carambola na última xornada permitiría aos de Cambados coarse na fase de ascenso. A falta dun partido, son duodécimos na clasificación con oito vitorias e quince derrotas.
CONSERVAS DE CAMBADOS (60): Lucas Vaquero (6), Alberto Rodríguez (9), Rafa Wildner (7), José Luis Merino (4), Taylor García (9) -quinteto inicial- Norman Rey (9), Emilio Oubiña (7) Mamadou Diop (7), Juan Mato, Javier Patiño (2).
AZPEITIA AZKOITIA (73): Ander Arruti (10), Zyle (8), Zubizarreta (3), Guridi (14), Okoye (19) -cinco inicial- Ucles (15), Assalit (4), Barberena, Lander Lasa, Cubela.
Árbitros: García León e Rupérez Vielba. Eliminaron por faltas a José Luis Merino polo equipo local e a Ucles polo visitante.
Parciais: 16-17, 15-21, 23-17, 6-18.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón do Pombal, Cambados. ÿltimo partido do Xuven na casa nesta tempada.