Ponte Muíños gozará este sábado das Promesas do Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Complexo Deportivo Rías do Sur vestirase de gala este sábado, 29 de marzo, coa disputa da novena edición do Trofeo Promesas do Lérez.
A cita, organizada polo Club Natación Galaico, reunirá 339 nadadores en idade benxamín e alevín de pertencentes a 15 clubs.
Os máis pequenos nadarán os 50 metros en estilo, libre, bolboreta, braza e costas, ademais dos 200 libres, mentres os alevíns se enfrontarán á distancia dos 100 metros nos diferentes estilos, aos 200 e 400 metros libres e relevos.
O Promesas do Lérez arrancará ás 10:30 horas coas eliminatorias, quedando as finais para o horario de tarde, dende as 16:30 horas.
Os clubs participantes, ademais do Galaico son: Náutico de Vigo, Pabellón Ourense, Codesal, Agrupación Fogar, Náutico Redondela, Natación Ponteareas, Portamiña, Liceo, Natación Sanxenxo, Natación Salnés, Viana, Boiro, Vilagarcía e Arzúa.