Bos resultados para o Club de Loita Pontevedra no Campionato de España
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tres de tres para o Club de Loita Pontevedra no Campionato de España Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas, celebrado o pasado fin de semana na localidade madrileña de San Agustín del Guadalix.
Ata alí desprazáronse Pablo García, Lidia Pérez e Carmen Salgado, logrando todos eles subir ao podio nas súas respectivas categorías.
O primeiro deles, Pablo García, único competidor pontevedrés en categoría sénior, concluíu en terceiro lugar en loita grecorromana de 71 quilos.
O loitador lerezano compartiu o bronce co murciano Alberto Martínez nunha competición que se adxudicou o madrileño Diego Jussot seguido do navarro Pablo Marín.
Por outra parte en idade cadete Lidia Pérez, tras o seu ouro júnior de hai uns días, repetiu éxito en 60 quilos loita libre, mentres Carmen Salgado se colgou a prata en loita libre 52 quilos.