O Choco dobrega ao Arosa (1-0) e afástao da loita polo play-off
Por Redacción
Un gol de Caloi ao comezo da segunda parte e a actuación do porteiro do Choco, Cortegoso, impediron a vitoria dun Arosa que mereceu un mellor resultado e superou o seu rival en case todo menos no marcador.
A vitoria redondelana permítelle seguir na loita por alcanzar os postos de play-off, apartando destes ao conxunto de Piscis, que queda xa a dez puntos de distancia da cuarta posición, e parece destinado a pelexar na recta final da competición por rematar o máis arriba posible unha tempada máis que notable.
O primeiro tempo foi de dominio alterno, co Arosa premendo sobre a saída de balón do rival e o Choco pendente do perigo que puidese xerar Pablo Couñago.
Tras o descanso os arlequinados controlaron o partido e puideron adiantarse no marcador cando Nando lle rouba o balón a Lucas e cede a Eloy, pero Cortegoso tapa o seu remate no man a man. Curiosamente, a pesar do mellor xogo arosista, pouco despois viría o único tanto do partido nunha acción non exenta de polémica.
Un lanzamento de falta de en Quique Cubas, situado na barreira, que queda tendido. Mentres os visitantes piden a Caloi que mande o balón fóra, o xogador local saca un centro chut que se vai ao segundo pau sorprendendo a Jorge Pérez.
Piscis optou por xogar con só tres defensas, dando entrada a Jose Ángel, pero non contaba con Cortegoso, que se encargou de abortar todas as ocasións xeradas para empatar, especialmente unha de Quique Cubas e outra do mesmo José Ángel.
CD CHOCO (1): Cortegoso; Míchel, Saúl, Lucas, Cristian; Manu Lojo, Yerai (Gonzalo, min. 82), Xosé, Caloi (Rafa, min. 86); Albert (Curri, min. 46) e Pablo Couñago.
AROSA SC (0): Jorge Pérez; Santi, Álex Freire, Martín (José Ángel, min. 66), Munín; Rivas, Nando, Jesu, Jonathan (Cheri, min. 63), Eloy (Rubén, min. 75); e Quique Cubas.
Árbitro: Formoso Sánchez (Ferrol). Amoestou a Pablo Couñago e Manu Lojo, polo Choco e a Santi, Munín, Rivas, Jonathan e Eloy, polo Arosa.
Goles: (1-0) Minuto 54: Caloi.
Incidencias: Campo de Santa Mariña (Redondela). Uns 350 espectadores.