O CGTD acolle unha xornada de tecnificación de waterpolo co coordinador técnico da Selección Nacional
Por Redacción
O próximo sábado 15 de marzo o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será escenario dunha Xornada de Tecnificación de Waterpolo, que contará de novo coa presenza de Antonio Aparicio, coordinador técnico da Selección Nacional.
Aparicio dará primeiro unha charla sobre as categorías inferiores destinadas a técnicos e aberta a persoas que poidan estar interesados, para dirixir despois un adestramento de xogadores galegos en idade cadete.
Entre a selección galega citada para a xornada encóntranse oito xogadores do Club Waterpolo Galaico Pontevedra: Pablo Sueiro, Pablo Teijeira, Luis Mosquera, Iago Facal, Jacobo Baltasar, Pedro Fentanes, Aarón Tellería e Juanjo Roca.
A xornada pecharase cun partido entre unha selección galega cadete e o equipo autonómico infantil que representará a Galicia no Campionato de España, con presenza tamén de sete xogadores pontevedreses: Juanjo Roca, Eric Tacón, Aarón Tellerí, Artai Poses, Germán Amoedo, Xian Barros e Rubén Rodríguez.