Freada ás aspiracións do Villalonga tras caer en San Pedro ante o Mondariz (0-1)
Por Redacción
O Villalonga perdeu a oportunidade de achegarse á segunda praza tras caer en San Pedro ante o Mondariz (0-1).
Un solitario gol de Noel para os visitantes a escasos minutos do final resultou decisivo nun partido no que os celestes non mostraron a súa mellor cara, xerando escasas ocasións de gol.
Rómpese así a xeira positiva de sete xornadas sen perder do Villalonga, que se mantén na cuarta praza a sete puntos do ascenso directo unha semana antes do derbi en Baltar de Arriba ante o líder, o Xuventú Sanxenxo.
VILLALONGA FC (0): Lloves, Leo, Cristóbal, Manu, Caamaño (Giao, min.71), Jorge Fernández, Saúl, Machu, Alberto, Arias, Antonio.
MONDARIZ CF (1): Javier, Barciela, Anxo, Jonás, Iván, Alfaya, Hugo (Xermán, min.88), Mario (Estévez, min.85), Jonathan, Isaac, Docampo (Noel, min.67).
Árbitro: Barros Vidal. Amoestou aos locais Arias, Cristóbal, Manu, Giao e Alberto e aos visitantes Iván, Isaac e Mario.
Gol: 0-1 Noel, min.87.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Villalonga.