Paso de xigante do Sanxenxo tras a súa vitoria en Aldán (0-1)
Por Redacción
Xornada redonda para o Xuventú Sanxenxo, que pon a directa nas súas aspiracións de ascenso á Terceira División.
Os amarelos tiveron que traballar moito o seu triunfo en Aldán ante un combativo Rápido de Bahía, pero unha acción a balón parado aos 83 minutos serviu para que Javi marcase o único tanto do encontro e asegurase os tres puntos para os de ÿscar García.
Os locais, aínda que o intentaron en varias fases do choque, non puideron superar a solidez do líder, que tirou de eficacia para sumar o seu terceiro triunfo consecutivo.
A vitoria ademais teñen máis valor polos tropezos de Ribadumia, Pontellas e Villalonga, inmediatos perseguidores na clasificación, que deixan ao Xuventú no primeiro posto con tres puntos de vantaxe sobre o segundo e o que é máis importante, oito sobre o terceiro da táboa.
RÁPIDO BAHÍA CF (0): Marcos, Fumero, Diego Paz, Félix (Rubén, min.86), Lino, Camaño, Eric (Andrés, min.73), Joaquín, Adrián, Pouseu, Diego Álvarez.
XUVENTÿ SANXENXO (1): Jose, Darío, Fon (Minso, min.79), Javi, Deivi, Cañi (Tinaia, min.66), Diego Blanco (Róber, min.74), Hugo, Cuchi (Aguín, min.88), Nel, Cerqueiras.
Árbitro: Quintas Lorenzo (Ourense). Amoestou a Diego Paz, ÿric e Joaquín nos locais e a Nel, Tinaia e Minso no Sanxenxo.
Gol: 0-1 Javi, min.83.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Amaro, Aldán.