Unha medalla e dous records galegos para a Gimnástica no Nacional xuvenil de pista cuberta
Por Redacción
Os atletas da Sociedad Gimnástica renderon a un alto nivel no Campionato de España de atletismo xuvenil de pista cuberta, celebrado esta fin de semana en Valencia. A súa mellor actuación foi a medalla de prata que logrou Darío Costa na combinada do Heptatlon, conseguindo ademais bater o record de Galicia da categoría. O outro récord galego foi o de Jorge Puig, cuarto nunha rapidísima final de 1.500 metros.
Empezaron a competición Ángel Vargas e Alfonso Pérez. Ángel participou nas carreiras de 60 metros lisos e 200 metros. Non conseguiu superar a primeira serie eliminatoria de ambas distancias. Na curta correu en 7,41 e na longa foi insuficiente a marca persoal que realizou con 23,34. Alfonso tampouco puido superar as semifinais dos 400 metros. A lesión que tivo no mes de xaneiro impediulle chegar mellor preparado á capital do Turia, correndo en 52,07.
Elvira Okutu chegaba cunha boa marca á proba de salto de lonxitude. Con 5,10 metros no seu segundo intento necesitaba mellorar 15 centímetros máis para meterse entre as oito mellores e pelexar pola medalla nos últimos tres saltos. Pero non tivo o seu día e quedou finalmente na decimotercera posición.
Darío Costas, pola súa banda, fixo unha fantástica actuación na combinada do Heptatlon. Durante as sete probas sempre se mantivo entre os tres primeiros e non tivo a necesidade de facer un gran esforzo na última proba dos 1.000 metros lisos para colgarse a prata. Aínda así correu bastante e sumou un fantástico récord de Galicia xuvenil ao sumar en total 4.709 puntos
Nos 1.500 metros, Jorge Puig tivo que estar moi atento nas semifinais. Soubo colocarse moi ben e foi terceiro, pasando á final por tempos. Na última carreira o alto ritmo imposto polo ganador, o catalán Alexis Rodríguez, obrigou ao atleta pontevedrés a esforzarse a fondo. Entrou en liña de meta en cuarta posición con 4:00,08, a tan só 2,33 segundos da mínima para Bakú, onde a finais de maio celébrase a competición clasificatoria da zona de Europa para acudir aos JJOO de la Juventud.
En resumo, un gran campionato para a Gimnástica, que este ano está sumando medallas en todos os nacionais baixo teito. A finais de marzo disputará o último, o da categoría júnior.