A loita grecorromana protagoniza a segunda xornada do Mundial U20 de Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Protagonismo para a loita grecorromana na segunda xornada de competición do Mundial U20 de Loitas Olímpicas de Pontevedra.
Polos tres tapices instalados no Pavillón Municipal dos Deportes desfilaron algunhas das grandes promesas mundiais desta disciplina, nunha xornada que supuxo ademais a estrea do primeiro galego en competición.
Gonzalo Caparrós (Club Atila de Ourense) non tivo iso si unha estrea sinxela, perdendo en primeira rolda de 72 quilos por un tenteo de 9-0 fronte ao indio Aakash Punia, sen opción posterior de entrar na repesca.
Una mañana con Gonzalo Caparrós
— Federación Española de Lucha (@lucha_esp) September 3, 2024
El ourensano fue el primer gallego en debutar en #WrestlePontevedra y, desgraciadamente, no pudo conseguir la victoria contra el indio Punia
Eso sí, no le faltó apoyo desde la grada
¡Ánimo, crack! pic.twitter.com/A1KC8eHFB0
Tamén competiron os españois David Díaz (60 kg) e Dani Campos (67 kg), con resultado similar e só coa opción de repesca para o segundo deles.
Tras dúas xornadas centradas na loita grecorromana, este mércores entrarán en acción no mundial pontevedrés os primeiros pesos da loita libre feminina, de novo en horario de 10.00 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas, con entrada de balde para o público.
Relacionadas:
-
A balear Carla Jaume asegura a primeira medalla para España no Mundial U20 de Loita de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A loita feminina achega o primeiro triunfo español no Mundial U20 de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra dá a benvida ao Mundial U20 de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Catro deportistas galegos participarán en Pontevedra no Mundial U20 de Loitas Olímpicas
Por Anxo Lourido |
-
Conta atrás para o Mundial U20 de Loitas Olímpicas de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A loita olímpica sae á rúa para promocionar o Mundial U20 de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Pontevedra presenta o vídeo prmocional do Campionato do Mundo U20 de Loita que acollerá en setembro
Por Diego Espiño |
-
A Federación Internacional ratifica por carta a Pontevedra como sede do Mundial Júnior 2024 de loita
Por Diego Espiño |