Claudia e Carmen (Poio FS) e Adriana (Leis), con Galicia ao Campionato de España sub-21
Por Ramiro Espiño
As xogadoras do Poio, Claudia e Carmen, xunto con Adriana, do Leis Pontevedra, foron convocados pola selección Galega sub-21 para disputar durante o fin de semana do 8 e 9 de marzo a Fase Final do Campionato de España sub-21, que se celebra en Alcorcón.
Tras conseguir a clasificación o pasado mes de xaneiro en Galdakano (Bizkaia), o combinado galego enfrontarase en semifinais a Valencia.
Ademais das tres xogadoras citadas, que repiten convocatoria con Galicia, o seleccionador, Manuel Castillo, lévase a totalidade de xogadoras coas que xa contou na primeira fase, completando a lista: Ana López, María Arias e Vanessa Sotelo (Cidade de As Burgas), Ana Rivera (Ponte Ourense), Belén Feal (A Fervenza), Cruz Sánchez (Viaxes Amarelle), Alejandra de Paz e Diana Díaz (Valdetires) e Lara Balseiro (Burela FS).