Trinta anos de Club Baloncesto Arxil
Por Redacción
O próximo 23 de agosto cumpriranse 30 anos da fundación do Club Baloncesto Arxil, referencia dende aquel entón do baloncesto feminino en Pontevedra.
Nunha tempada especial, a entidade verde reuniu este xoves no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todos os seus equipos para realizar unha foto de familia con todas as deportistas, adestradores e directivos.
Na actual tempotrada o Arxil conta con 17 equipos en competición nas diferentes categorías.
Ademais dos conxuntos sénior, as categorías inferiores da entidade lerezana contan con equipos en Preminibasket, Minibasket, Infantil, Cadete e Júnior.