Nova saída e cambios nas categorías nunha Milla de Sanxenxo que abre o prazo de inscrición
Por Redacción
Xa están abertas as inscricións para participar na XXIV Milla de Sanxenxo, que se celebrará o domingo 1 de setembro no Paseo de Silgar.
Por primeira vez a carreira sairá da Praza dos Barcos, desde onde os participantes percorrerán desde 400 a 1.609 metros segundo a categoría. Este non será o único cambio desta edición, que amplía a tres as categorías de veteranos e elimina a categoría elite co obxectivo de profundar no carácter lúdico-deportivo da proba.
Os interesados en participar deben inscribirse nesta ligazón antes do 30 de agosto. Cada corredor recibirá unha camiseta e o diñeiro recadado será destinado á Asociación Neen@s Sanxenxo, que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo.
Os tres primeiros clasificados en cada categoría recibirá un trofeo e todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa da cita.