O Poio Pescamar bota o ferrollo á portería coa renovación de Sandra Buzón
Por Redacción
A gardameta Sandra Buzón tamén renova co Poio Pescamar e formará parella xunto a Elena por terceira campaña consecutiva.
Desde o conxunto conserveiro destacan que a gardameta dará "máxima estabilidade" á portería xa que, un ano máis, o equipo volveu ser o menos goleado da fase regular da liga con 55 tantos encaixados, polos 52 do Burela.
De feito, esta última campaña foi na que as vermellas recibiron menos goles en Primeira División (igualado coas tempadas 16/17 e 19/20, aínda que este último terminou antes de tempo pola pandemia).
Sandra Buzón foi titular nos 12 partidos que disputou o pasado curso, recibiu 22 goles e achegou unha asistencia. Non participou na Supercopa.