O Villalonga bota o ferrollo e imponse con claridade ao Rápido Bahía (3-0)
Por Redacción
Catro partidos suma o Villalonga de Julián Ferreiro sen encaixar un só gol, con tres triunfos e un empate para manter os de San Pedro con opcións de ascenso.
A clara vitoria na casa ante o Rápido Bahía (3-0) supón ademais a sétima xornada consecutiva sen perder.
Ante os de Aldán, o Villalonga formulou un partido moi serio, sen dar apenas concesións e aproveitando os erros do rival para encarrilar o choque, como o 1-0 de Machu que contou coa inestimable colaboración dun xogador visitante.
Os celestes tiveron que esperar ao segundo tempo para sentenciar por medio de Caamaño e Jorge Fernández, antes de que os visitantes renunciasen ao partido con dúas expulsións directas por senllas agresións.
Tras esta xornada os de San Pedro mantéñense cuartos a seis puntos da segunda praza.
VILLALONGA FC (3): Lloves, Leo, Cristóbal, Manu, Caamaño (Giao min.70), Jorge Fernández (Gabriel, min.82), Machu, Alberto, Adrián, Martín (Héctor, min.76), Arias.
RÁPIDO BAHÍA (0): Cortizo, Isaac, Diego Paz (Félix, min.80), Colmenero, Lino, Alejandro (Eric, min.65), Poseu, Joaquín (Fumero, min.76), Adrián Estévez (Andrés, min.65), Stefan, Roberto.
Árbitro: García Martín. Amonstou aos locais Jorge Fernández e Machu e aos visitantes Roberto e Stefan, expulsándoos despois con vermello directo (minutos 75 e 89 respectivamente).
Goles: 1-0 Machu, min.14; 2-0 Caamaño, min.47; 3-0 Jorge Fernández, min.61.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.