Reparto de puntos (1-1) que non alivia os problemas de Caselas e Portonovo
Por Redacción
Houbo pouco e o que houbo pasou en apenas dous minutos. Caselas e Portonovo necesitaban os tres puntos para aliviar a súa delicada situación e nin un nin outro conseguiu o seu obxectivo, asinando un empate que mantén aos locais nos postos de descenso, e aos arlequinados nesa zona perigosa próxima ao abismo.
O estado do campo, moi pesado, dificultou as accións de ambos os dous equipos, que apenas crearon perigo na primeira parte. Tras o descanso os locais saíron con maior ritmo e adiantáronse no marcador, cun excelente gol de Congui, en disparo afastado.
Non obstante, sen tempo para saborear a vantaxe o Portonovo empataba nunha xogada desgraciada da zaga local, cando Rubén intenta ceder ao seu porteiro e introduce o balón na súa propia portaría.
CASELAS FC (1): Gabri; Bugallo, Rubén, Denis, Charli, Hugo, Rafita (Congui, min. 57), Lino (Lois, min. 84), Cousido, Manu e Pablo (José Ángel, min. 72) (Samu, min. 87).
PORTONOVO SD (1): Alejo; Marcos, Suso Martínez, Ivan Renda, ÿscar, Suso Bea (Brian, min. 80), Suso Vidal, Gándara (Iván Dadín, min. 62), Luis Alberto, Nacho e Álex Cubas.
Árbitro: Antonio Fernández Rodríguez (Ourense) auxiliado nas bandas por Guedella e Cid. Amoestou a Hugo, Bugallo e Cousido, polo Caselas, e a Marcos, Gándara, Oscar e Nacho, polo Portonovo.
Goles: (1-0) Minuto 67: Congui. (1-1) Minuto 69: Rubén (propia meta).
Incidencias: Campo da Gándara (Salceda de Caselas). Uns 150 espectadores.